NOVO PEDIDO DE EQUIPACIÓN DEPORTIVA

Saída Bio-Xeolóxica pola Serra do Courel


Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída Bio-Xeolóxica pola Serra do Courel. Para elo primeiro visitamos en Quiroga o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de dita localidade. Posteriormente nos diriximos cara a Serra do Courel para observar o gran pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, así mesmo adentramonos na devesa da Rogueira, comentando tamén os efectos da última glaciación, e para finalizar baixamos a fervenza de Vieiros.


Unha bonita excursión da que poderedes ver máis fotos na nosa Galería Fotográfica nos vindeiros días.

 

 

 

SAÍDA CULTURAL GRANXA- ESCOLA "BELELLE"

O pasado venres, 20 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de EP, viaxamos ata Neda (Ferrol), para visitar e pasar unha xornada do máis divertido na Granxa- Escola de Belelle. Fixemos pan artesán con produtos ecolóxicos da zona, estivemos no horto e no invernadoiro para preparar uns semilleiros, realizamos un paseo en poni, visitamos os diferentes tipos de animais (llamas, un dromedario, diferentes tipos de
pitas, pavos reais, porcos celtas, cabras montesas, ovellas, burros, coellos,
un touro ...
 ), visitamos os distintos espazos da granxa (pistas exteriores de equitación, pista de area para saltos, pista interior, cuadras dos cabalos,...). Foi unha experiencia inolvidable !!!! Algunha dúbida?? Pois pinchade no icono e poderedes ver un fermoso vídeo.

Grazas pola vosa dedicación Tania, Begoña e René. 

 

 

 

 

 

Reunión informativa preparación pobras Cambridge

Lembrade que estades todos invitados a asistir á reunión que se celebrará o próximo martes 24 de novembro ás 17:15 no colexio, na que un representante de “Cambridge English Language Assessment” vos informará máis detalladamente de todo o relacionado coa preparación, niveis e organización.
 
 
 

Charla videostreaming "Dos átomos á luz"

O pasado xoves 19 de novembro, os alumnos de 3º e 4º da ESO, asistiron no colexio a unha sesión de videostreaming titulada "Dos átomos á luz: unha exploración". Esta retransmisión simultánea online foi promovida por Tecnópole, con motivo do 10 aniversario da Galiciencia.

Foi a mesma charla que os seus compañeiros de 1º e 2º da ESO puideron visionar en directo pola tarde.

A actividade resultou un éxito, de seguro volveremos a participar en iniciativas deste tipo. 

 

 

Visita á Galiciencia

O pasado xoves 19 de novembro, os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.

Pola mañá recorreron as rúas de Ourense realizando varias actividades propostas dende as materias de Sociais e Plástica, e pola tarde, visitaron á Galiciencia, con motivo da súa selección entre varios centros, onde tiveron que realizar unha actividade proposta dende a materia de Ciencias Naturais.

A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia. Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). Esta feira celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Este ano tivo especial relevancia porque celebraba os seus 10 anos de historia, co que o número de actividades que realizaron foi máis numeroso que en pasadas edicións. De feito no noso centro xa participamos en varias delas no curso pasado. 

Puideron visitar a feria de experimentos, asistir a unha charla titulada "Dos átomos á luz" e ver unha demostración de diversas experiencias relacionadas coa luz por ser éste o "Ano internacional da luz".

A charla "Dos átomos á luz" que os alumnos de 1º e 2º puideron ver en directo pola tarde, puiderona ver os alumnos de 3º e 4º da ESO pola mañá en videostreaming.

Foron unhas actividades moi ben estruturadas e que captaron a atención dos nosos alumnos dende o primeiro momento.

Se queredes ver como o pasaron, premede no seguinte enlace e poderedes ver as fotos na nosa galería.

 

 

Día do Peón


O luns 16 de novembro celebramos no noso cole o "Día do Peón". 


Foi unha celebración moi divertida na que compartimos e aprendemos o arte de bailar o peón. Para isto axudáronnos algúns dos nosos compañeiros, papás e mamás e tamén os avós e avoas.


Foi unha tarde ben divertida e, para que o vexades, podedes visitar a nosa galería simplemente con premer na imaxe de abaixo!!!

 

 

 

Seguimos "dando que falar" nos outros coles da Congregación


O 50 aniversario do noso cole segue "dando que falar" nas webs dos outros coles da Asunción.


Mirade este enlace do cole de Gijón.





Grazas a todos polas vosas publicacións!!! 

 

 

Minuto de silencio polas víctimas do atentado de Paris

Hoxe, todos os alumnos do noso centro, acompañados polos seus profesores, relixiosas e membros do PAS, fixeron unha oración polas vítimas do atentado de París. Ao remate da oración fixemos un minuto de silencio por todas as vítimas e as súas familias.

 

 

AVISO SAÍDA CULTURAL 1º E 2º EP

Centro preparador probas Cambridge

Co afán de continuar coas actividades de innovación educativa no noso centro, informámosvos de que, a partir deste curso, ademáis de centro preparador para as probas orais do Trinity, tamén somos centro preparador para as probas Cambridge. Se queredes máis información podedes premer na imaxe que tendes a continuación e tamén acceder a súa propia páxina a partir do icono que tendes no lateral esquerdo da nosa páxina. 

 

 

Día do Peón

O luns 16 de novembro celebraremos no noso centro o ¨Día do Peón¨.

 

Faremos un concurso de decoración de peóns entre todos os alumnos do centro e tamén sairemos bailar os peóns ás 16:00 h. Todos os familiares que desexedes acompañarnos estades convidados a vir bailar os vosos peóns con nós. 

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2015/2016

Premendo na imaxe poderedes acceder a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e na ESO para o presente curso.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (publicouse o día 10 de novembro).
 
O prazo para usar o vale remata o 30 de novembro.
 

Celebración do Día da Ciencia en Galego

O pasado 4 de novembro celebramos no noso centro o "Día da Ciencia en Galego"

Para iso realizouse, para os alumnos de 3º e 4º da ESO unha videoconferencia, promovida pola Coordinadora Galega de ENDL, que levaba por título "A máquina que constrúe a mente e a realidade".

O relator foi Xurxo Mariño Alfonso,  biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Ademáis é especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación Neurocom, entre outros.

Xurxo Mariño tentou dar resposta a preguntas como: Cómo funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente? 

Foi unha actividade moi interesante e instructiva para os nosos alumnos, os cales estiveron moi atentos e concentrados ao longo de toda a videoconferencia.

  

Exposicións 50 aniversario

As actividades do 50 aniversario aínda non remataron.

Todavía podedes achegarvos a ver a exposición "De ayer a hoy" que trasladamos ao internado.

Ademais tamén seguen expostas as orlas de diferentes promocións e xa temos dispoñibles algunhas novas.

Achegádevos a visitalas!!!

 

 

Encontro CB Breogán - La Palma

O vindeiro sábado, día 7 de novembro, un grupo de alumnos do colexio acompañados por algúns dos seus profesores, asistirán ao encontro de baloncesto que disputarán o CB Breogán de Lugo e o La Palma, no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Esperamos que desfruten moitísimo do encontro!

                    

Magosto na Asunción

 

 


O colexio da Asunción celebra mañá o seu tradicional Magosto.


Os alumnos de Primaria e Secundaria xunto cos seus profesores reuniránse arredor do tambor no patio do colexio, para compartir castañas, risas e xogos.


As fotos da celebración irémolas poñendo na nosa galería nos vindeiros días.

 

 

 

Charla sobre Xadrez


O pasado xoves 29 de outubro celebrouse no noso centro unha charla sobre Xadrez. 


Nela explicáronlles aos alumnos a importancia deste xogo á hora de aprender a confiar en sí mesmos e tomar decisións con seguridade.


Foi unha charla moi entretida e interesante e ao finalizar, no tempo do recreo, algúns alumnos puideron quedar a xogar unhas partidas cos profesores.

    

   

 

Aviso actividades extraescolares

Queridas familias!

Con motivo do "Día do Ensino", este venres non se realizará a actividade extraescolar de piscina.

Voltaremos a vernos nela o venres 6 de novembro.

 

 

VISITA DO CB SARRIA.

Hoxe recibimos no colexio a visita de Maísa, adestradora do CB Sarria, que veu a falar cos alumnos de 5º e 6º dun deporte tan completo e divertido como o baloncesto. Se premedes na imaxe, accederedes ao blogue de 5º e 6º para ver o ben que o pasaron.

 

 

Distribuir contido