TEATRO "OS NARIGUDOS" E OBRADOIROS "ABANCA"

Os nenos de 1º e 2º EP foron onte ao teatro "Gustavo Freire" en Lugo. Da man dos monicreques de Tanxarina Títeres coñeceron a historia dos Narigudos. Unha obra musical para achegar aos máis pequenos a maxia do teatro.

Un dos momentos cos que más gozaron, foi ao remate do teatro, cando se decataron da presenza dos medios informativos da RTVG, que ía a entrevistalos. Como mostra do ben que o pasaron, ademais do moito que aprenderon, aquí vos deixamos o enlace dos Informativos da Televisión de Galiza para aqueles que non o poidestes ver en directo

 

De seguido, asistiron a "ABANCA" a coñecer as instalacións e realizar un obradoiro.

Para rematar a xornada, xantamos todos xuntos nun parque, para de seguido compartir unha tarde de xogos.