Rally matemático sen fronteiras

Estamos de noraboa!!!

Un grupo de alumnos de 2º de ESO, formado por Miguel, Álvaro, María García, Marcos, María Rodríguez, Helena Román, Elena Vilela e Valeria, pasaron a fase de centro do rally de matemáticas sen fronteiras convocado por Igaciencia.

O día 8 de abril asistirán á final galega e á entrega de premios na Facultade de Química de Santiago. 

Agardamos que teñan moita sorte!!!

Ademais debemos agradecer tamén a participación dos demais grupos no rally. Aínda que este ano non pasaran á fase final xa lles valeu de entrenamento para a do ano que ven.

Noraboa a todos!!!

Para ver a nova na propia páxina de Igaciencia premede aquí