Visita a Brighton

Esta mañá 9 alumnos de 2º e 3º de ESO partiron cara a Gran Bretaña para pasar unha semana na cidade costeira de Brighton. Durante a súa estancia, os alumnos estarán integrados nas actividades lectivas cos alumnos británicos e farán visitas a Londres e outras localidades. Tamén terán tempo de lecer e realizar actividades deportivas.