Asuntillos "Xogos Populares"

Este pasado venres día 10, o grupo "Asuntillos" celebramos unha tarde de "Xogos Populares". 

Comezamos decidindo o equipo cos xogos da silla e o tiro á copa.

Unha vez decididos os capitáns seguimos cos xogos de polis e cacos, o balón prisioneiro, o pano e por último tiro de corda.

Foi unha tarde moi entretida e divertida, grazas ao bon comportamento de todos os participantes e a grande colaboración dos monitores.

Grazas a todos!