CHARLA DE FÚTBOL SALA


Hoxe pola mañá recibimos a visita de profesionais de fútbol sala no colexio.


Os alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de presenciar unha interesante charla sobre os valores no deporte: o esforzo, o traballo en equipo, o compañeirismo..., impartida por un representante da Federación Galega de Fútbol Sala e o Preparador Físico da Selección Galega.


Ao finalizar, con motivo da celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 16 a vindeira fin de semana (18 e 19 de abril) en Sarria, agasallaron aos alumnos/as con entradas para presenciar os encontros.
 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA.