O DOCE MUNDO DO MEL EN GALICIA

Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de Beatriz Ríos, que impartiu aos alumnos de 3º e 4º de Ed. Primaria unha actividade titulada "O doce mundo do mel en Galicia".

Dita actividade consistiu no visionado de imaxes, a explicación da producción do mel, a exposición dos materiais necesarios e ata un alumno probou un traxe de apicultor.

Finalmente os alumnos/as foron agasallados cun tarriño de mel, o cal puideron degustar no momento.