V Congreso de Educadores Católicos

O pasado sábado, día 25 de abril, celebrouse en Lugo o "V Congreso de Educadores Católicos".

Con motivo do 50 aniversario do noso colexio, que se celebra este ano, dende a organización do Congreso, fixeron unha homenaxe ao noso centro, facendo que unha das ponencias xirara entorno a historia e a fundadora do mesmo.

A ponente foi Cristina Massó, e na súa charla falou dos comezos do colexio na nosa vila así como da filosofía de vida e educación da nosa fundadora.

Foi unha xornada moi agradable e interesante, xa que sempre gusta recordar cales son as orixes da Asunción en Sarria ademáis dos obxetivos que perseguía Mª Eugenia cando comezou co seu proxecto educativo.

Moitas grazas a Cristina e a organización do Congreso por facernos esta homenaxe!