Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos no noso centro o día das letras Galegas. 

para conmemorar tan importante día algúns alumnos de primaria e secundaria fixeron unha representación teatral moi divertida na que foron aparecendo diversas personaxes de contos moi coñecidos, dende carapuchiña vermella ata riciños de ouro, pasando polo lobo, o rei león, o patiño feo...

A obra estivo protagonizada por "Xosé Filgueira Valverde", que nos contou un pouco da súa vida e a súa traxectoria.

Ademáis varios alumnos do colexio, amenizaron a representación co son das gaitas e tambores e con baile. Ademáis tamén puidemos desfrutar do grupo RAS.

Foi unha tarde moi entretida. Grazas a todos!