Visita da ESO ás Illas Cíes

Hoxe os alumnos da ESO e os seus titores fixeron unha visita ás Illas Cíes. Logo dunha rota pola illa de Monteagudo, fixemos unha parada para comer e xa pola tarde desfrutamos do bon tempo na praia das Rodas.

Foi unha visita espectacular e o día inmellorable!!!

Tamén queremos resaltar o bon comportamento dos alumnos neste día, grazas a todos!

 Aquí tendes unhas imaxes do día, pero no blogue iremos poñendo algunha máis.