Celebración 50 aniversario

O colexio da Asunción complácese en invitar a todos os alumnos, antigos alumnos e familias, á celebración do "50 Aniversario" da chegada da Asunción a Sarria.

Aquí vos deixamos o programa de actos, non vos esquezades de reservar eses días nas vosas axendas para vir celebrar con nós todos estes anos "navegando xuntos".

Os pais de alumnos recibiredes unha folla de inscrición para a etapa do camiño.

Para os antigos alumnos, poñemos á vosa disposición os seguintes medios para que, os que queirades acompañarnos nesta etapa, facilitedes o voso nome e o número de teléfono, para así poder facer unha previsión dos autobuses necesarios.

Correo electrónico: coleasuncionsarria@gmail.com
Whatsapp: 600578817

Ou tamén podedes achegarvos ao centro e apuntarvos en portería.

O prazo de inscrición remata o 2 de outubro.

Contamos con todos vos!!!

Premede na imaxe para acceder ao programa de actividades.