Charla sobre Relatividade e Gravitación


Dentro do programa "A ponte entre o ensino Medio e a USC", realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla sobre Relatividade e Gravitación,  aproveitando o centenario da exposición da Teoría da Relatividade por parte de Albert Einstein.


Para elo contamos coa presenza de Javier Mas Solé, profesor do departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que comentou os inicios da vida de Einstein e tamén explicou dunha maneira moi clara e amena as bases da Teoría da Relatividade. 


Os alumnos e alumnas mostraronse moi atentos, facendo interesantes preguntas ó final da charla. Así mesmo agradecemos a Javier Mas a súa dispoñibilidade e simpatía na visita que nos fixo ó Centro.