II Certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero do Concello de Sarria

Hoxe martes 30 de decembro abriuse o prazo para votar na páxina de Facebook do Concello de Sarria, os lemas ilustrados que foron preseleccionados polo xurado no II Certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero. Dos 21 lemas presentados, foron seleccionados 6, dos que catro deles pertencen a alumnos do noso centro.

A continuación tendes os lemas seleccionados do noso centro. Tan só con premer nas diferentes imaxes xa poderedes acceder ao Facebook do Concello.  Para votalas hai que darlle a "me gusta" en cada unha delas. 

Animámosvos a que as votedes todas xa que traballaron moitísimo todos na realización destes lemas. 

A votaaaarrrr!!!