Entrega de premios do VII Concurso de Tarxetas de Nadal "La Voz de la Verdad"


Voltamos a estar de noraboa!!!

O noso alumno Izan Vila Torres de 4 anos foi un dos premiados no concurso de tarxetas de Nadal organizado por "La Voz de la Verdad".


Onte, martes 12 de xaneiro, acudiu a recoller o seu galardón a dita librería en Lugo.


Foi unha entrega de premios moi divertida acompañada dun espectáculo de maxia.


Ben feito Izan!!!


Aquí tendes algunha das fotos da entrega de premios, o diploma e a preciosa tarxeta de Izan.