Entrega de premios do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015"

O pasado 15 de xaneiro fíxose entrega na Casa da Cultura de Sarria dos premios do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015".

Un deses premios foi entregado ao noso alumno Cayetano Muñoz Iglesias. O seu poema leva o título "Decembro: o mes máis importante". Foi un dos tres traballos da súa categoría seleccionados nesta fase local.

Desexámoslle moita sorte agora na fase provincial na Biblioteca de Lugo!!!