Charla sobre Física Atómica e Nuclear


De novo dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" e despois de xa ter realizado uhna charla sobre Relatividade e Gravitación, organizouse o venres 23 de xaneiro,  para os cursos de 3º e 4º da ESO, unha charla temática sobre os constituintes básicos da matéria: os átomos e os núcleos atómicos co suxerente título de "Dende o corazón da materia ó interior das estrelas".


Para esta charla contamos coa presenza de Hector Álvarez Pol, profesor do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que dunha maneira moi asequible contounos os segredos dos átomos e dos núcleos dos mesmos, dende como é a súa estrutura ata como se formaron no interior das estrelas todos os elementos que coñecemos. Tamén nos contou as aplicacións da Física nuclear así cómo as liñas de investigación sobre este tema na USC.


Agradecerlle a Hector a súa dispoñibilidade e amabilidade que mostrou na súa visita ó Centro.