Entroido na Asunción

O Equipo Directivo e todo o Claustro de profesores e PAS queremos darvos as grazas a todas as familias que participastes connosco na celebración destes días de Entroido. Agradecemos tanto a colaboración no cumprimento das consignas dos Mecos, coma a participación na festa de onte pola tarde, acompañando aos vosos fillos, incluso algún vindo disfrazado e por suposto...grazas por todas as lambetadas, estaban para lamber os dedos!!!

Aquí vos deixamos algunha foto e pronto veredes mais na nosa galeria.