Visita de 4º de ESO ao Campus de Lugo da USC

Os alumnos de 4º de ESO participaron no programa"A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" no Campus de Lugo. Os alumnos participaron xunto con estudantes de outros centros da provincia nunha visita a distintas facultades da súa elección. Nesta visita poideron descubrir distintos aspectos dos estudos superiores que poden realizar no campus de Lugo. Tamén poideron coñecer o funcionamento da Biblioteca Universitaria Intercentros. O vicerector e o coordinador do programa tamén se dirixiron aos alumnos para explicarlles aspectos xerais do campus de Lugo. Esta actividade forma parte do programa de orientación académico-laboral do centro e terá continuidade en posteriores sesións de orientación.