Cea antiguos alumnos

Dende o colexio da Asunción, queremos dar as grazas a todos aqueles que contribuístes a que onte fora unha noite máis que especial.

Reencontros con vellas amizades, moitísimas historias e anécdotas que lembrar, risas, música e baile fixeron da Cea de Antigos Alumnos unha velada digna de recordar. 

Os profesores, relixiosas e membros do PAS presentes quedamos abraiados co bo ambiente que se respirou durante toda a noite, coas palabras e xestos amables de alumnos de todas as xeracións, que fixeron que as ensinanzas e valores da Asunción, que sempre tratamos de transmitirlles, estiveran presentes en todo instante.

Foi moi divertido ver como alumnos de diferentes promocións do centro compartían momentos de baile, conversa e risas.

O máis importante de todo foi comprobar, como todos eles, pasen os anos que pasen, seguen a sentir que pertencen á grande familia da Asunción, formando parte desta tripulación que leva navegando connosco xa 50 anos, e esperemos que non se baixen do barco e sigan acollendo tan ben aos novos grumetes que imos incorporando ano a ano!!!

Desexando que non pasen outros 25 anos antes de voltar a xuntarnos, reiteramos as nosas grazas a todos os que participastes para facer da velada de onte un recordo imborrable na xa longa travesía da Asunción en Sarria.

 

GRAZAS!!!