Resultado da votación sobre a posibilidade de implantación da xornada única

Na votación celebrada hoxe no colexio da Asunción de Sarria para decidir o cambio de xornada participaron 143 familias sobre un censo total de 163.

O número de votos a favor da implantación da xornada única foi de 119, o número de votos en contra de dita implantación foi de 24, non houbo votos en branco nin papeletas nulas.

A porcentaxe de votos a favor da implantación da xornada única foi polo tanto do 73%.

 

Moitas grazas a todos por participar nunha decisión tan importante para o centro e as familias.