Visita de 3º e 4º de ESO a Alcoa e Mondoñedo

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos respectivos titores, visitaron as instalacións da multinacional Alcoa en San Cibrao e a localidade de Mondoñedo.

En Alcoa visionaron un video explicativo e posteriormente, acompañados de dous inxenieiros da fábrica, recibiron información pormenorizada do proceso de transformación da bauxita en alúmina e posteriormente en aluminio. Antes de marchar fomos invitados a prantar unha árbore como lembranza da nosa visita.

En Mondoñedo poideron visitar a catedral e o casco histórico desta localidade.