Visita dos alumnos de 4º de ESO aos Institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso

Os alumnos de 4º de ESO, acompañados do titor e a orientadora, visitaron os institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso como parte do programa de orientación académico-laboral para 4º de ESO. Foron recibidos en ambos casos polo orientador e director do centro que lles proporcionaron información relacionada coas asignaturas que cursarán en 1º e 2º curso de bacharelato. No caso do Gregorio Fernández tamén dos ciclos de FP que actualmente ofrece. En ambos casos poidemos coñecer as instalacións dos centros e no Xograr Afonso duas alumnas de 2º curso do centro ofreceronos a súa valoración do seu paso por este instituto. Esta actividade terá continuación en sucesivas titorias a realizar no colexio sobre orientación académica.