"A TÚA CARA SÓAME, ASUNTILLOS ASUNCIÓN"

O venres 4 de marzo os "asuntilleiros" de 5º e 6º participaron na Primeira Edición de "A túa cara sóame, Asuntillos Asunción". Logo de varias semanas de preparación cos monitores e pre-monitores, chegou o gran día. Primeiro tiveron un tempo de ensaio e caracterización e despois a actuación. Foi todo un éxito e os participantes deron o máximo no escenario tentando imitar aos seus cantantes preferidos. Aquí vos deixo algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasaron. Parabéns para todos e todas!