SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana pasada os nosos alumnos e alumnas estiveron a realizar actividades relacionadas coa prensa, malia que moitos deles traballan a cotío coa mesma.

Os máis cativos empregaron os xornais para compoñer novas recortando palabras dos mesmos  e aumentando deste xeito o seu vocabulario, aínda que tamén se divertiron realizando actividades de papiroflexia.

Terceiro e cuarto de primaria fixeron diferentes actividades como "O xornal das Boas Novas", actividades de papiroflexia e "Cada ovella coa súa parella", na que os nenos e nenas tiñan que ler e comprender noticias para poder atopar o titular que lles corrrespondía.

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto están acostumados a traballar  co xornal cada semana dentro do programa Prensa-Escola na aula, pero ademais recolleron novas relacionadas co "Día da Muller Traballadora", así como outros artigos relacionados con diferentes materias. Tamén aproveitaron para preparar o concurso "O mellor periodista".

Na educación secundaria foron moitas as actividades realizadas durante toda a semana:

 

  • Traballo na aula con cartas ao director, o editorial, a noticia, a reportaxe, a crónica e outros artigos de opinión.
  • Recollida das novas máis atraíntes en cada sección durante toda a semana e valoración final.
  • Comparativa de noticias entre distintos xornais e participación en distintos concursos promovidos por "La Voz de Galicia".

 

Como podedes comprobar, a semana deu moito de si!