Saída cultural 1º e 2º da ESO a Santa Tegra e Tui

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron o pasado xoves día 7 de abril, a saída cultural que tiñan pendente do 2º trimestre.

Moi cedo pola mañá, desprazáronse ata o "Castro de Santa Tegra", na Guarda, onde, grazas as explicacións do seu profesor de Historia, puideron coñecer un pouco máis da vida castrexa e dende o alto do Monte de Santa Tegra viron a desembocadura do Miño, co que aproveitaron para falar un pouco de ríos, rías, e estuarios.

Xa pola tarde, logo de comer, acodimos a ver a Catedral de Tui, onde estuveron facendo un traballo de recoñecemento de distintos estilos arquitectónicos nesta Catedral.

E para rematar a xornada deron un pequeno paseo polas rúas da cidade antes de voltar para Sarria.

Podedes ver máis fotos desta visita premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.