Asuntillos Sendeirismo

O día 4 de xullo varios alumnos de 5º e 6º de primaria participaron en Asuntillos sendeirismo acompañados dos monitores e de profesores do colexio. Os alumnos viaxaron dende Sarria ata Barbadelo seguindo o camiño de Santiago. En Barbadelo visitaron a igrexa parroquial, onde foron recibidos polo parroco que explicou o valor relixioso e artístico deste monumento nacional.

Tamén, os alumnos fixeron unha entrevista basada en un cuestionario en inglés a peregrinos de diversas nacionalidades. A actividade foi moi interesante dado a importancia do camiño de Santiago en Sarria e a posibilidade de compartir experiencias con xentes doutras culturas.