Eucaristía inicio de curso


O pasado xoves, día 6 de outubro, tivemos no noso colexio unha emotiva Eucaristía.


Con esta celebración, ademais de dar a benvida ao presente curso, inauguramos o noso novo patio, e pechamos os múltiples actos cos que celebramos os 50 anos de presenza da Asunción en Sarria.

Para simbolizar todo isto, alumnos de diferentes etapas plantaron dúas árbores no patio, que como explicou o director do centro representaban, por unha banda os 50 anos de traxectoria do colexio e por outra o futuro do mesmo.

Para rematar a Eucaristía, outro momento moi significativo foi a retirada do cartel co logo do 50 aniversario que nos acompañou ao longo de todo este ano, dando así por concluídas as celebracións deste aniversario.

A continuación da Eucaristía, as relixiosas agasallaron a todos os presentes coa "Torta da Asunción".