Saída cultural 1º e 2º ESO a Sotavento e Ferrol

O pasado venres, día 14 de outubro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, acompañados das súas titoras e a profesora de Física e Química, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.

Pola mañá visitaron o parque eólico de Sotavento, onde recibiron unha charla e diferentes demostracións dos usos das enerxías renovables, unha visita guiada por unha casa bioclimática, onde lles ensinaron diferentes técnicas para un mellor aproveitamento dos recursos naturais, e ademais puideron acceder ao interior dun dos aeroxeradores.

Xa pola tarde, despois dun pequeno tempo de lecer, diriximonos á Ferrol, onde visitamos o Arsenal e a Fragata Méndez Nuñez, esta visita foi moi ben acollida xa que nos deixaron percorrer toda a fragata, dende a ponte de mando, ata o lugar de despegue do helicóptero, pasando pola zona de lanzamento de misiles.

En xeral toda a saída resultou moi ben xa que foi moi novidosa e instructiva.

Premendo nas imaxes que aquí vos deixamos podedes ver algunha imaxe máis na nosa galería.