Saída cultural Casa do Patrón

O pasado xoves 20 de outubro os alumnos de 5º e 6º de E.P realizaron a saída cultural correspondente ao primeiro trimestre. Os nosos alumnos visitaron o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Lalín, que contén máis de 4000 pezas en exposición. Ademais de visitar as distintas salas do museo, os rapaces participaron nun taller de cocido tradicional de pan en forno de leña con amasado manual.

Premede na imaxe e veredes as fotos desta xornada tan divertida.