Asuntillos Halloween/Samaín

Os rapaces de Asuntillos de 5º e 6º pasaron un rato moi divertido o venres 21 de outubro aprendendo a facer manualidades relacionadas con Halloween e Samaín. Queremos dar as grazas a Paula, Ana, Belén e María, as monitoras que nos acompañaron e axudaron aos rapaces.