Homenaxe da Cruz Vermella ao Colexio da Asunción de Sarria

O pasado sábado, día 5 de novembro, o noso colexio recibiu unha homenaxe por parte da Cruz Vermella de Sarria polo 50 aniversario de presenza da Asunción en Sarria.

Foi un acto moi emotivo no que estivo representada unha gran parte da familia Asunción, dende as Relixiosas que forman parte nestes momentos da Comunidade de Sarria, entre as que contamos estes días coa Superiora Provincial da orde Cristina Ocaña, a meirande parte do claustro de profesores do colexio, o PAS do centro, antigos profesores, pais, alumnos, antigos alumnos, os sacerdotes que presiden as nosas celebracións, relixiosas doutras congregacións que colaboran coas nosas relixiosas, e moitas persoas mais que gardan relación co noso colexio dun xeito ou outro.

Neste acto, proxectaron un vídeo resumo dos 50 anos da Asunción en Sarria, que trouxo moitas boas lembranzas aos presentes no acto.  

Dende o colexio queremos agradecer á Cruz Vermella esta entrañable homenaxe, así coma toda a colaboración que prestan ao noso centro en canto se lle solicita, e toda a súa labor diaria en favor dos máis desfavorecidos.

GRAZAS!!!