Asuntillos creativos

O pasado venres día 18 de novembro, os pequenos "Asuntilleiros" tiveron unha nova cita. 

Esta vez a actividade foi "Asuntillos creativos". Nesta actividade, os alumnos participantes, de 3º e 4º de EP, tiveron que elexir un deseño de entre os que se lle propuxeron para estampar nunha camiseta. O que non sabían e que para facelo ían ter moito que traballar.

Comezaron calcando o seu debuxo na camiseta empregando papel carbón, e no momento en que o debuxo xa estaba transferido empezaba o traballo duro....afiaaaarrrrr. 

Tiveron que ir elexindo as cores coas que querían adornar os seus deseños e afiando cada unha das pinturas, as virutas que ían obtendo tiñan que trituralas e logo ir enchendo cada zona do seu debuxo.

Para rematar o seu traballo, os monitores que os estiveron axudando en todo momento, pasábanlle a plancha as camisetas para fixar os debuxos.

Noraboa a todos polo voso traballo e esforzo e aos monitores que axudaron moitísimo para que o resultado fose tan espectacular como podedes ver premendo no vídeo de abaixo.