A ESO no teatro

Os alumnos de ESO asistiron, acompañados dos seus titores, á representación teatral "Historia de una escalera",de Antonio Buero Vallejo, no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

A visita forma parte das saídas didácticas programadas para o presente curso escolar. Os alumnos disfrutaron da obra de Buero Vallejo, renovador do teatro español contemporáneo.

Posteriormente, levouse a cabo un coloquio no que se comentaron diferentes aspectos do significado e mensaxe que o autor quixo transmitir.