III EDICIÓN MASTERCHEF ASUNCIÓN

O venres 25 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, participaron nunha nova xornada de Asuntillos, nada máis e nada menos que "Masterchef Asunción".

Entre todos elaboraron varias receitas de cociña, cambiando cando soaba o sinal, para que todos puidesen ver a elaboración de todos os pratos. 

Elaboraron tamén unha orixinal receita individual, onde cadaquén, tivo que dar renda solta a súa imaxinación decorándoa o mellor posible para gañar así, o primeiro premio da "III Edición Masterchef Asunción". 

Os nenos/as participaron moi activamente na actividade, disfrutando moito, e sendo axudados polos monitores de 3º e 4º da ESO e antigos alumnos/as do colexio, que colaboraron moitísimo na elaboración das receitas, facendo de xurado e elexindo ao gañador.