Operación Bocata

 
Como cada ano, o noso colexio desexa solidarizarse cos máis necesitados. O obxectivo é concienciar  a toda a Comunidade Educativa seguindo a Campaña deste curso: "O mundo non necesita máis comida. Necesita máis xente comprometida". Durante todo o ano 2017, Mans Unidas fará fincapé en tres cuestións esenciais e urxentes para rematar coa pobreza e a fame no mundo como son o desperdizo de alimentos, a loita coa especulación alimentaria e o compromiso cunha agricultura respetuosa co medio ambiente que asegure o consumo local. 
Para facer efectiva a nosa solidaridade celebraremos mañá, 6 de febreiro, no noso centro a "Operación Bocata". A recadación destinarase aos proxectos que financia a delegación de Mans Unidas de Lugo
Os alumnos e profesores, de xeito voluntario, dende 1º de Primaria ata 4º de ESO, xantaremos un bocadillo nas instalacións do centro. 
Grazas de antemán a todos os que animades aos vosos fillos a participar nesta iniciativa!!!