O COFRE SEGREDO

O venres, día 3 de febreiro, os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, disfrutaron dunha nova xornada de "Asuntillos Asunción" A actividade foi moi entretenida porque consistíu na busca por todo o colexio dun cofre cheo de tesouros

Os alumnos formaron tres equipos de expertos rastreadores: O equipo dos PIRATAS, o dos EXPLORADORES e o dos DETECTIVES. Cada equipo estaba asociado a unha cor e tiña monitores pertencentes a 3º e 4º de ESO, que os axudaron en todo momento

.

O reto foi descubrir pistas colocadas en diversos lugares do colexio, reosolver enigmas, descifrar códigos,  explotar globos para encontrar notas ocultas, entrar na biblioteca sin luz, e buscar pistas axudados por linternas...

   

 

   

         Mirade que divertido, nestas fotos os rapaces están buscando pistas en bolsas cheas de macarróns cocidos e pagañentos que lles daba moito asco!

Ao final deron co preciado COFRE SEGREDO, e levaron unha grata sorpresa ao comprobar que o maior tesouro é compartir cos nosos compañeiros unha tarde de xogos e diversión, rematando cunha suculenta merenda.