Charla sobre RCP

Hoxe, no noso centro, e grazas a colaboración de SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias), o Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Instituto de Enseñanza Secundaria Xograr Afonso Gómez, que nos emprestaron dous maniquís, o doutor Ramón Muñóz López, impartiu unha charla sobre RCP (reanimación cardiopulmonar).

Durante toda a charla o doutor resaltou a importancia da atención temperá, xa que os primeiros minutos ante un caso de parada cardiorespiratoria son de vital importancia. Tamén informou os alumnos nos pasos a seguir ante un suceso deste tipo, como afrontalo e recalcou moitísimo a importancia de pedir axuda aos servizos especializados, tanto o 112, coma o 061.

A charla foi seguida con moitísima atención por todos os grupos de alumnos que asistiron a ela e realizaron as prácticas cos maniquís con grande interese.

Moitísimas gracias a Ramón Muñóz polo seu tempo e as súas explicacións tan claras didácticas, así coma a todas as entidades colaboradoras!!!