Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

 

ALUMNOS DA
ASUNCIÓN VEN PUBLICADOS OS SEUS RELATOS!

 

 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación, Manuel Núñez, presentaron o pasado venres, día tres, no Salón de Plenos, un libro cos relatos
curtos premiados no certame Trapero Pardo, nun acto ao que asistiron os autores dos relatos, o mestre que realizou a corrección dos contos publicados, Xosé Manuel Castro, a coordinadora da publicación, Margarita Calderón, e a encargada de realizar as ilustracións, Eva Seoane.

O Concello edita de novo esta publicación que recolle os contos gañadores de dúas edicións deste certame, organizado pola área de educación para mozos e mozas de
12 a 18 anos de idade de calquera centro educativo de Lugo. Nesta ocasión, aparecen publicados os traballos gañadores de 2014 e 2015.

Na presentación do libro, a rexedora felicitou a todos os gañadores e gañadores e a todos os participantes neste certame impulsado polo Concello. Así mesmo tamén
tivo palabras de felicitación á comunidade educativa por favorecer, apoiar e incitar aos seus alumnos á participar neste e noutros concursos literarios. Para rematar,  convidou aos mozos a seguir lendo e escribindo.

As obras recollidas neste libro son as seguintes:  

Ano 2014


Categoría de 12-14 anos


1º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Nunca Medrar do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de
Sarria (Lugo)
2º Premio: Iago Penalonga Arribas coa obra A Vila da felicidade do Colexio PP Franciscanos de Lugo
3º Premio: Silvia Díaz Rodríguez coa obra O tesouro do avó do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de
Sarria (Lugo)

 

Categoría de 15-18 anos


1º Premio: María Sonsoles Quiroga Gutierrez coa obra Os
asaltadores do Muro
 do
CPR  San José de Lugo
2º Premio: Antía Sánchez Magdalena coa obra  A
un paso dos teus soños
 do
CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

 

Ano 2015


Categoría de 12-14 anos


1º Premio: Santiago García Rivas coa obra De Pedra, do CPR Divino Maestro de Lugo
2º Premio: David González López coa obra Maruxa Castaña, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria
3º Premio: Sofía Santos Ulloa coa obra Esperanza, do IES Lucus Augusti de Lugo

 

Categoría de 15-18 anos


1º Premio: Andrea Estrella Arias Díaz coa obra Tras tanta choiva, do IES Ánxel Fole de Lugo
2º Premio:  Elena Valle García coa obra Xogas?, do IES Perdouro de Burela (Lugo)
3º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Sen ti son Eu, do CPR
Ntra. Sra. de la Asunción  de Sarria (Lugo)

 

 

Ao remate da presentación, os autores dos relatos foron agasallados cun lote de dez exemplares,  como premio ao seu inxenio e  esforzo.

 

Convidámosvos á lectura deste libro, que podedes atopar na biblioteca do centro, e queremos animarvos a escribir e a cultivar a vosa imaxinación; e quizais noutro intre, algún de vós poida ver a súa obra entre a de recoñecidos autores.

 

 

Parabéns ás nosas ex-alumnas e alumnos pola calidade dos seus traballos e pola satisfacción de ver publicados os seus relatos, xunto coas creacións doutros mozos/as.