RECOLLIDA DE TAPÓNS

 

 

Como en anos anteriores, estamos recollendo tapóns de plástico cunha dobre intención: axudar no coidado do medio ambiente e colaborar con algunha causa solidaria. Así que, xa sabedes, seguide traendo todos os que poidades, e se tedes algunha dúbida sobre os tapóns que serven, consultade no noso blog de Voz Natura, alí tedes máis información.