Videoconferencia:"Facendo física de partículas polo mundo"

Os alumnos de 3º e 4º de ESO participamos nunha videoconferencia con outros 100 colexios de toda Galicia onde cinco galegos que son físicos contaron as súas experiencias. 

Relataron como chegaron a ser investigadores científicos econtaron  os proxectos de investigación nos que traballan actualmente na Universidade de Londres e Lisboa e no CERN (centro europeo de investigación situado en Xenebra). Algúns  traballan nese acelerador de partículas no que se atopou a partícula de Higgs. 

Organizou a videoconferencia a Coodinadora Galega de Equipos de dinamización e normalización lingüística