Exposición "Reservas da Biosfera"


Estes días puidemos desfrutar no noso centro da exposición "Reservas da Biosfera" que foi solicitada ao CEIDA. Como nos explican no sitio web e nos paneis enviados ao centro esta exposición sobre as Reservas da Biosfera crease polo Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 

Se queredes máis información sobre esta exposición premede aquí

Os alumnos estiveron a recoller datos dos diferentes paneis para logo poder respostar a algunhas preguntas plantexadas na clase.

Traballaron con interese, como se pode ver nas seguintes imaxes.

Esperamos que vos resultase interesante!