Fronte á violencia contra as Mulleres

A Delegación de Benestar Social do Concello de Sarria convocou o IV Certame Escolar de Murais do Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres. O lema deste ano era:

"Sumemos esforzos: o fin da violencia de xénero é un compromiso de todos/as" 

A idea era traballar a prol dunha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero e estimular a implicación de toda a comunidade educativa nas tarefas de sensibilización e prevención. 

O día 21 de decembro entregáronse os premios ás ganadoras que foron Paula López, Noa Sanmartín e Maria Varela de 1º de ESO do noso colexio