Charla "O monte é a nosa vida"

Os alumnos da ESO conmemoraron o Día da Árbore coa súa asistencia a unha charla no centro sobre a campaña "O monte é a nosa vida". Dous técnicos de Confemadera Hábitat Galicia expuxeron aos alumnos, nunha charla divulgativa, a importancia da conservación dos nosos bosques polo valor medioambiental, social e económico que estos supoñen para a sociedade galega.

Os alumnos estiveron moi interesados no tema e quedaron moi sorprendidos con algúns dos datos aportados polos técnicos de Confemadera. 

A reseña da charla podédela ver na páxina de Confemadera:

 http://confemaderagalicia.es/