Viaxe fin de estudos 4º ESO Martes 9 de Abril

   Hoxe pola mañá, os alumnos de 4º da ESO, están visitando Selwo Marina en Benalmádena.

   Selwo Marina é un delfinario, coas especies máis representativas de América do Sur. Ofrece nas súas 1,67 hectáreas de extensión unha aventura que traslada a distintos escenarios de Sudamérica.

En Selwo Marina pódense contemplar a escasos metros de distancia delfíns e leóns mariños.

As Aves Exóticas de Selwo Marina están na zona de Amazonía, un recinto para gozar das habilidades dos voos de rechamantes aves. E en “Isla de Hielo”, a instalación está totalmente acristalada para poder observar como son e viven a familia de pingüíns de Selwo Marina, composta polos pingüíns Rey, Juanito, Magallanes e Macaroni.

 A instalación de Baía Cocodrilos recrea un manglar para coñecer de preto diferentes especies de crocodilos ananos tropicais. E moi preto, en Amazonia, viven diferentes especies orixinarias da selva tropical máis importante do Planeta: a piraña Pacu, a raia Motoro, o peixe gato, a anaconda amarela, o basilisco verde...e o Formigueiro de Amazonia, unha instalación para ver como son e viven as formigas Cortadoras de Follas ou Podadoras.

           Esperemos que a ningún deses animais lles entre a fame ao velos pasar, de feito a pitón parece estarse relamendo!!! 

          

Agardamos noticias súas esta tarde!!! 

          

Lembrade que podedes seguir esta viaxe día a día no apartado de "Actividades Extraescolares"