Viaxe Francia 4º día

4º DÍA: CLASE POLA MAÑÁ E SENDEIRISMO POLA TARDE


Onte mércores, tocou clase pola mañá. As profesoras e monitoras francesas soamente falan francés. Nin

 unha palabra en castelán.
Cada día entendemos máis e non nos deixan nin preguntar nin contestar en español. Estamos progresando moito.

 

Cando saímos à rúa, ao ver os carteis escritos, entendémolo todo.


Pola tarde fixemos unha rota de sendeirismo.

A paisaxe era fermosísima, pero subir as costas facíase

nos un pouco duro para algúns. Chegamos
ao colexio cansos, pois estivemos máis de tres horas camiñando.

Despois de cear, proxectáronnos unha película en francés.

 

Outras novas mañá!


Lembrade que podedes seguir as nosas andanzas na páxina de “Actividades Extraescolares”

.