Viaxe fin de estudos 4º ESO Venres 12 de Abril

Hoxe os nosos alumnos de 4º da ESO e os seus profesores seguen percorrendo as rúas de Sevilla.

Na seguinte imaxe podémolos ver, ou máis ben distinguir, na Praza de España. A Praza de España de Sevilla constitúe un conxunto arquitectónico encadrado no Parque de María Luisa, configura un dos espazos máis espectaculares da arquitectura rexionalista.

 Construíuse como edificio principal da Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929 e nos seus bancos aparecen representadas todas as provincias de España, así como os bustos de españois ilustres nos seus muros.

Esta gran praza está rodeada por unha canle acuática e xusto no centro ten unha fonte danzarína que debuxa cos seus chorros de auga fermosos arcos e diagonais que hipnotizan o visitante que se senta a gozar do espectáculo. E ahí podemos ver aos nosos alumnos desfrutando da auga neste día de tanta calor na cidade. Que envexa!!!

Unha curiosidade...A praza de España foi utilizada como escenario dalgunhas películas coñecidas, entre elas:

Na película Lawrence de Arabia, a praza representaba o cuartel xeral do Exército británico no Cairo.

Na película Star Wars Episodio II: O Ataque dos Clons da saga da Guerra das Galaxias, a praza representa o planeta Naboo, aínda que o escenario da filmación foi modificado dixitalmente.

Na película El Dictador, de Sacha Baron Cohenestrenada en 2012, sendo esta a mansión do ditador modificada digitalmente.

Na película El Viento y el León, protagonizada por Sean Connery, aparece mentres unhas tropas desfilan.