ASUNTILLOS

 

Que é Asuntillos ?

Este curso 2012-2013 iniciamos  ASUNTILLOS gracias á colaboración de moitos mestres do centro e relixiosas.

O noso o obxetivo é crear un espacio, dentro da pastoral da Asunción, onde nenos e rapaces do colexio podan aprender e gozar do ocio e o tempo libre dun xeito san e divertido.

Está destinada a alumnos de 3º e 4º EP, dirixidos por monitores de 3º e 4º de ESO, antigos alumnos do colexio, e profesores responsables da actividade.

Entre as actividades que se levan a cabo, destacamos as segiuntes: obradoiros de cociña, obradoiros de teatro, música e canto, identificación das plantas, rota en bicicleta, sendeirismo, obradoiro de barro,...

Aquí tedes o calendario de actividades.

Tamén, en breve, deixaremos a vosa disposición as diferentes actividades e obradoiros que xa se levaron a cabo, asi como fotos que demostran a ledicia e satisfacción dos nenos e nenas.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA

Venres, 13 de novembro de 2012 

Era o comezo de ASUNTILLOS! Todos estabamos emocionados e preguntabámonos, como iría  todo.

Os monitores  prepararon os grupos para comezar a actividade. Con eles, farían mantelos e gorros para o obradoiro de cociña. Tamén lles comentaron unhas normas moi propias da cociña. E con todo isto, marcharon  todos á cociña. Como tiñamos a catro “Súpercociñeiras” cada grupo foise cunha delas.  Aprenderon a preparar  diversos platos que despois probarían e así terminariamos o obradoiro de cociña. Antes, entregóuselles a cada un un diploma de “Bo cociñeiro”. Tamén se lles deron as receitas  do que prepararan na cociña. E todos marcharon felices co seu mantelo, gorro, as receitas e co seu diploma.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE TEATRO

Venres, 14 de decembro de 2012

Co entusiasmo do primeiro obradoiro, os rapaces chegaron dispostos a pasalo ben e a facer teatro. Os monitores, xunto coas mestras, prepararan a actividade: tres obras  de teatro e así terían que distribuír aos participantes. Ubicáronse en tres espazos e en cada un dos grupos repartíronse os papeis da obra, e tamén prepararon os decorados, pois acordouse que se ían  representar cada unha das obras e convidar para asistir a velas. E así foi. Os rapaces fixérono estupendamente e tiveron o seu diploma en “Artes escénicas”. Os pais marcharon encantados  e riron moito na representación.

                  

OBRADOIRO DE MÚSICA

Sábado, 23 de febreiro de 2013

E este sábado, tiñamos Música. Os alumnos/as chegaron coas frautas. E, ao son da música, tocaron, bailaron e cantaron. Todos entusiasmados polo que lograran harmonizar. Os monitores participaron, como sempre, axudando aos mestres e dirixindo aos grupos á hora do baile. E como non... !!! O diploma en música non podía faltar. Cada vez que teñen un diploma, os cativos marchan felices. E ata o próximo Asuntillo!

             

OBRADOIRO DE MANUALIDADES

Vernres, 15 de marzo de 2013

O tempo non nos axudou a preparar a actividade que tiñamos prevista: unha saída ao campo para identificar plantas e flores. Converteuse nun “obradoiro sorpresa", un obradoiro de manualidades. Prepararon as mestras e os monitores o material; con fieltro cortáronse algúns modelos de flores, follas, etc. Con todo ese material, podían facerse colares, pulseiras,... e os nenos, ao rematar, ofrecíanllos ás súas nais. Un bonito agasallo!  Foi outro tipo de obradoiro que gustou e do cal marcharon encantados.

                

OBRADOIRO DE BARRO

Vernres, 12 de abril de 2013

Tivemos que axustar os obradoiros e o obradorio resultou xenial: un obradoiro para modelar barro. Os monitores, cos mestres, prepararon o material: uns mantelos para non mancharse, xornais para cubrir as mesas, e uns baldes de auga. Os rapaces estaban case ao completo (de 31 que forman o grupo estaban 29). Foi un éxito total. A creatividade, a posibilidade de manipular barro,... resultoulles moi agradable. Estes nenos e nenas de 3º e 4º de EP son incríbles! .  Foron expostos todos os traballos realizados por eles e cada un puxo un nome aos seus modelados. De novo, a imaxinación que teñen déixanos abraiados.