Charla "A bioquímica dos alimentos"

 

 

O pasado venres 26 de abril, os alumnos da ESO asistiron a unha charla enmarcada dentro do proxecto Exper-i-ciencia 2013.

Exper-i-ciencia é unha actividade de divulgación consolidada e dirixida ao público escolar, dende Infantil ata Bacharelato, de centros de ensinanza das catro provincias galegas. Esta iniciativa pona en marcha o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da súa Delegación Institucional en Galicia, en coa colaboración dos seus centros na comunidade galega e a colaboración da Fundación Barrié.

 

Exper-i-Ciencia articulase en torno a encontros científicos, gratuítos, entre o persoal científico e técnico de diversas institucións.

Ao noso centro acudiron dous científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. As investigacións levadas a cabo neste centro abarcan tódalas areas das ciencias mariñas, dende a oceanografía á bioloxía molecular, á acuicultura ou á bioquímica dos alimentos.

A charla que impartiron para os alumnos da ESO referíase a este último tema, "A bioquímica dos alimentos". Faláronlles entre outros aspectos da composición dos alimentos comparándoa coa composición do noso corpo, da influenza da auga nos procesos alimentarios, dalgúns procesos de fermentación de alimentos, ademais de explicarlles diversas curiosidades sobre as propiedades dos mesmos, como por exemplo porque aínda que a clara de ovo está composta fundamentalmente por auga, esta non flota ao mesturala co aceite nunha maionesa.

 

 

Os alumnos estiveron moi atentos durante a charla e participaron activamente na mesma.