CHARLA SEPRONA

Os días 18 e 25 de abril, axentes do Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil viñeron ó centro para informar ós alumnos/as sobre a historia, funcións e diferentes grupos deste corpo. As charlas foron moi interesantes e estiveron adaptadas ás distintas idades, polo que todos os nenos/as, dende os tres anos ata 4º da ESO puideron aprender un pouco máis sobre este interesante tema.