CONVIVENCIA PONFERRADA. 1º ciclo EP

O venres, 24 de maio, os alumn@s do 1º ciclo de EP, realizamos a saída cultural do 3º trimestre, que consistiu principalmente, nunha convivencia co Colexio da Asunción de Ponferrada do mesmo ciclo.

Ao baixar do autobús, cantaronnos unha fermosa cantiga, e todos xuntos cantamos "Contigo sí", a cantiga do lema anual dos colexios da Asunción. Ademais, intercambiamos varios agasallos que tiñamos preparados.

A continuación, fomos a dar un paseo pola pasarela do Río Sil, e detivémosnos nun fermoso parque que está nas inmediacións do colexio, o parque do Temple, para xantar. Alí convidáronnos a varias tortas e postres que prepararan as familias dos alumnos de Ponferrada.

Pola tarde, antes da despedida, fixemos varios xogos e actividades deportivas.

Aquí tedes algunas das fotos como mostra do ben que o pasaron os cativos.